Saturday 04 de May de 2024

Laxe acollerá a III Charla e saída micolóxica este domingo


• O evento estará a cargo do poñente José Manuel Castro Marcote, socio de Pan de Raposo

• As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición a través do 981 70 69 03 ou no correo cultura@concellodelaxe.com

O Concello de Laxe acollerá a III Charla e saída micolóxica este domingo, 15 de outubro, de 10:00 a 13:30 horas.

O evento estará a cargo do poñente José Manuel Castro Marcote, socio da entidade Pan de Raposo, que se encargará de guiar a xornada.

Ademais da recollida e aprendizaxe dos distintos tipos de fungos, este tipo de actividades buscan promover o valor da diversidade micolóxica.

As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición a través do número 981 70 69 03 ou mediante o correo electrónico cultura@concellodelaxe.com.